Tuesday 30 de April de 2024

Obras de arranxo no cruce de Canteira con Mercado


Arrancaron as obras de arranxo do cruce da rúa Canteira coa rúa Mercado. Tal e como se informara no último pleno trátase dunha intervención necesaria debido ós desperfectos rexistrados tras as últimas chuvias, que chegaron a levantar parte do firme. Nestes últimos días leváronse a cabo labores de sinalización de cableados e doutros sistemas que transcorren por este punto, para evitar roturas e desperfectos. O dito cruce é un punto moi transitado por peóns e vehículos xa que está moi próximo ao centro médico, á zona comercial e ao colexio Campomaior, polo que se procurará rematar a obra o antes posible.